Boas! 😍
Na última sesión de esta materia, coñecemos a nova mestra que nos impartirá clase ata final de cuadrimestre.
Seguiremos actualizando este blog pero de maneira máis espontánea, non semanal como ata agora. Comentaremos as clases máis relevantes e as actividades que nos chamen máis a atención e sirvan para a docencia.
Por outra parte, esperamos que o plan de traballo sexa similar ao de Paz Gonzalo, para facilitarnos as tarefas, xa que afeitos a unha forma de traballo, non nos gustaría que o cambio fose moi radical a estas alturas de curso. Pero cremos que isto non vai acontecer porto que Esther, a nosa nova mestra nos confesou que intentará seguir en maior medida o plan establecido pola anterior mestra desta asignatura.
O 4 de abril asistiremos a un seminario que nos informará sobre PDI, consideramos que será un tema interesante a tratar, xa que nos facilitará o noso traballo no futuro porque é unha ferramenta emerxente na educación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario