Para rematar a materia de Novas Tecnoloxías comentarei o aprendido e desaprendido desta materia.
Comenzarei dicindo que dende o primeiro momento souben que sería unha materia moi útil e necesaria para a formación que estamos adquirindo, e non me enganaba, pois despois de catro meses coñezo aplicación moi útiles que considero que nun futuro podrei utilizar co meu alumnado de maneira dinámica entretida e motivadora. Crear unha webquest pareceume unha actividade moi acertada, xa que podemos adecuala ao noso gusto dependendo do alumnado e a materia que queiramos traballar. Os recursos web eran descoñecidos para min, e agora serán unha nova ferramenta, así como educaplay que me pareceu moi sinxela de manexar e dispón de diversos modelos de actividades para traballar co alumnado.
Con respeto ó desamprendido costame facer aportacións, pois comecei o curso sen ter moita idea do manexo das TIC e remato cunha sensación enriquecedora.Só me queda dar as gracias as mestras e aos meus compañeiros, dos cales tamén aprendín moito e desexarvos a todos unhas boas vacación.
Ata setembro!
No hay comentarios:
Publicar un comentario