Deseño

miércoles, 15 de febrero de 2017

Dialogando cos meus pais...

Dialogando cos meus pais, decatámonos de que o mundo acelerou a un ritmo verdadeiramente veloz sen apenas decatarnos. Pedinlles que me contasen tres costumes que eles realizaran antes e agora se perderon.

A primeira que me citaron foi a maneira de comunicarse:
Comentarios, Grupo, NegocioAntes, cando algún familiar marchaba a traballar ó estranxeiro, comunicábanse a través de cartas. Tardaban días en chegar ó seu destino, canto máis lonxe tivera que viaxar a carta, máis días tardaría. "A veces incluso a mandaban de volta porque o carteiro non entendía a caligrafía" confirma miña nai.
Agora isto non acontece pois, da igual o lonxe que se atope a persoa coa que queremos falar porque podemos facelo de forma directa mediante chamadas telefónicas, mensaxes de whatapp ou incluso "cara a cara" a través da pantalla.

A seguinte foi a maneira de buscar información:

Seguro que a maioría de vós tendes na casa unha  colección de enciclopedias ás que non se lle dan uso, pero era a forma que tiñan nosos pais de buscar información. Aínda que sexa dificil de crer, non dispuñan da gran utilidade de Google.



                                                      Para finalizar faláron sobre a TV:

Electrónica, Televisión, Tv, TelevisorSó dispuña de dúas cadenas e cun horario limitado. A emisión comezaba as 13:00 e as 00:00 remataba co himno nacional. Nela podíanse ver películas, concursos, noticias...
Agora disfrutamos de incontables canais televisivos para todas as idades e todos os gustos.

Para concluír este tema decir, que o mundo debe avanzar, deben existir novas formas de ver a vida, pero os meus pais están seguros de que a maneira na que eles viviron  foi única e moi feliz.



1 comentario:

  1. Moi boa actividade; grazas a esta puidemos informarnos un pouco máis das diferenzas entre dúas xeracións moi distintas en canto as novas tecnoloxías, ademais, tamén puidemos compartir un momento agradable cos nosos pais ou avós conversando.

    ResponderEliminar