Deseño

miércoles, 15 de febrero de 2017

Entrevista a Yuval Noah Harari

Pareceunos unha entrevista tan interesante como real.

Si nos situamos en anos atrás, vemos persoas atendento nas cabinas de peaxe, a man de obra nas fábricas era maior ao igual que os operadores, os cales eran indispensables para realizar a comunicación, os carteiros movían milleiros de cartas amistosas...
Estas e moitas outras profesión vense substituídas por aparellos tecnolóxicos.

Baixo a nosa opinión, consideramos que a maquinaria non sempre satisface ao consumidor, xa que hai dúbidas e problemas que non poden resolver. Cremos que a supervisión humana é imprescindible.

Stock Exchange, Economía Mundial, Auge
Na entrevista fálase dun tema tan serio como é a saúde, na que se di que os médicos poden chegar a ser subtituídos por "Googledoctor". Acontecerá o mesmo coa educación? Pasaremos os metres a ser "guías virtuais"?

Este e un tema que nos preocupa, por dous motivos:
O primeiro, polo noso futuro e o de todas aquelas persoas que realizan esta profesión. E en segundo lugar pola educación da sociedade, non nos gusta pensar nun futuro ao que se lle dá máis importancia á tecnoloxía que á educación.
Polo tanto consideramos que aos nosos alumnos temos que formalos para as novas situacións sociais pero sempre facendo conciencia no que é verdadeiramente importante. Saber manexar as TIC é algo necesario nestes tempos, pero saber cando prescindir delas tamén é algo que hai que ensinar.

A continuación engadimos o enlace a unha páxina na que se mostran os traballos que teremos dentro de 20 anos aproximadamente e esperamos resulte do voso interese.

Un saúdo!

1 comentario:

  1. ¿La responsabilidad de cada individuo como queda implicada? ¿Qué necesidades formativas se desprenden?

    ResponderEliminar