Deseño

lunes, 13 de febrero de 2017

Sesión do día 10/02/17.

¿TOONTASTIC 3D?

O venres pasado asistimos a unha sesión que, ao meu parecer, foi moito máis didáctica e instructiva; pois aprendimos a empregar unha nova aplicación de narrativa dixital, a cal me gustou máis que a anterior.
A aplicación chámase ``Toontastic 3D´´e serve para realizar historias, a través de escenarios, personaxes e diálogos que un mesmo pode escoller ou crear. Detalle que fai que o alumnado desenvolva a súa vena máis artística e se inventen historias, un caso, un problema a resolver, personaxes cos que se poden sentir identificado ou incluso ser el ou ela mesmos sacándose unha foto. Por outra parte, a aplicación tamén lles ensina a narrar de maneira organizada xa que teñen que seguir tres pasos: introdución, nó e desenlace.

(http://peterpappas.com/images/2017/01/Toontastic-2.jpg)
((http://www.tusemanario.com/wp-content/uploads/
2017/01/Google-lanzo-Toontastic-3D-para-que-los-niNos

-aprendan-y-se-diviertan-2.jpg












Pode servir para calquera tipo de materia, incluso para asignatura de inglés xa que os mestres poden programar as instruccións para que estén noutros idiomas e o alumnado podería relatar a historia en inglés (neste caso).
Ademais, tamén aprenden a relatar e a seguir unha orde cronolóxica lineal e sobre todo, empregar a imaxinación.
En canto a aplicación, considero que está bastante completa, é sinxela de empregar, está adecuada e indicada para todas as idades, a súa descarga é gratuíta e é algo que se lles podería mandar de tarefas ou deberes, xa que non precisan da axuda dos docentes en canto á utilización.
Ademais disto, coñecimos aplicacións, como pode ser a de ``freepick´´, que serven para descargarnos fotos gratuítas.
En definitiva, espero que as demais sesións sexan tan boas ou incluso meiores que esta!

1 comentario:

  1. Buenos días
    Después de visualizar vuestra entrada en el blogg sobre Toontastic, vemos que en ella describe muy bien el objetivo de esta aplicación, además de los múltiples usos que puede tener.
    Como aportación al grupo, sería interesante que incluyerais algún vídeo .
    Un saludo.

    ResponderEliminar