Deseño

viernes, 27 de enero de 2017

A miña opinión sobre as TIC na educación.


TICS NAS AULAS:

Está claro que vivimos nunha sociedade na cal as tecnoloxías están cada vez máis introducidas no noso día a día; este posiblemente sexa un dos temas máis debatidos, pois existen dúas correntes salientables: aquela que defende un maior emprego das tecnoloxías e aquela que considera que todo ten un límite, límite do que non andamos lonxe.
Centrándonos no tema de educación, ben é certo que pode ser moi útil e necesario o emprego de ordenadores e tablets, xa que debemos ensinarlles aos nenos cómo empregar este tipo de aparellos para que poidan apoiarse neles á hora de aprender, facer os deberes, practicar para un exame, empregar aplicacións de contido formativo e instructivo e sobre todo, facer que o proceso de aprendizaxe sexa máis didáctico, escapando un pouco do ``tradicional´´.
Pero por outra parte, considero que utilizamos en exceso as novas tecnoloxías; sendo así considerado ``normal´´ que os nenos xa teñan aparellos electrónicos na casa e destaco o seu excesivo uso, cousa que se lle ampliamos o uso dentro do horario escolar (independentemente de que se empreguen para aprender) acabaríamos fomentando así un uso esaxerado destas.
En conclusión, o uso das novas tecnoloxías na educación é un bo aliado tanto para as mestras e mestres como para os alumnos, ademais de que desperta curiosidade nestos. O ideal sería que tanto pais e nais como docentes controlasen o total de horas que as alumnas e alumnos pasan empregando as TIC; ensinarlles un uso correcto delas e sobre todo, non excederse na introdución destas no ámbito educativo.


Por outra parte, encontrei unha serie de entradas publicadas no periódico EL PAÍS que tratan sobre este tema de maneira rigurosa.
O primeiro fala de que as novas tecnoloxías son un gran avance e un bo aliado no que a educación se refire, pois mostra o prestixio e alto nivel en catro universidades máis prestixiosas de Estados Unidos, Suíza e Reino Unido, debido ao seu emprego das novas tecnoloxias e como isto beneficia ao alumnado. O segundo enlace ensínanos como favorecen as TICs nas escolas, non só ao alumnado, se non que tamén aos pais e nais, así como aos docentes, de maneira que cada alumno/a aprende ao seu ritmo e no lugar que queira.

(fonte das imaxes: PIXABAY)
1) http://economia.elpais.com/economia/2014/09/16/actualidad/1410862293_227127.html
2) http://elpais.com/elpais/2013/11/26/eps/1385478323_602048.htmlç

Para contrastar esta boa opinión sobre o uso das tics na educación, engado outro enlace máis, provinte de EL CONFIDENCIAL, no cal o seu autor fai unha crítica dun posible mal emprego no ámbito educativo.

3) http://www.elconfidencial.com/alma-corazon-vida/educacion/2014-11-11/que-esta-haciendo-internet-con-nuestra-inteligencia_439706/




No hay comentarios:

Publicar un comentario