Hoxe en día as TIC son
verdadeiramente importantes no mundo. Son útiles para buscar calquer tipo de
información que nos interese, comunicarnos con persoas que non temos cerca, e
cada vez máis, son indispensables coñecementos básicos para moitos postos de traballo.
No ámbito da educación aportou
moita información e fixo que esta sufrira un gran avance. O docente ten un abano de posibilidades para transmitir información de xeito que chame a
atención dos alumnos. Os videos, películas, sistemas de traballo a través de
ordenadores fan que desperte no neno o seu interés polo coñecemento.
Parecenos fundamental na
educación das TIC ensinar ao alumnado a facer o bo uso de estas antes de
calquer instrucción informática, pois mediante móviles ordenadores e programas
informáticos o alumnado pode danar a compañeiros ou mestres, un tema delicado ao
que hai que estar sempre moi alerta nos centros de ensinaza, pois cada vez son
máis os casos de victimas de idades temperás acosadas por redes sociais.
Para que os máis novos sepan
utilizar as TIC vémonos obrigados, como futuros docentes a ser nós (xunto coa
familia) os que lles ensinemos a utilizalas de xeito adecuado, por iso queremos
sacarlle o máximo rendemento a esta materia, coñecer novos sistemas para
dinámicas de grupo, exercicios e diversas actividades a través das TIC para
poder levar a cabo ao largo da nosa profesión.
A pesar de todo isto, tamén
cremos que o sistema educativo debería enriquecerse máis das grandes axudas que
aportan as tecnoloxías, pois demostra que a sociedade avanza, polo tanto vexo a
necesidade de que o sistema educativo avance con elas.
Non só na educación senón en
todos os ámbitos é fundamental a aplicación das TIC de xeito moderado e adecuado
para non chegar ao extremo que nos fai ver Albert Einstein "Temo o día en que a tecnoloxía sobrepase a nosa humanidade. O mundo só terá unha xeración de idiotas".
boa reflexión; coincido contigo en que hai que ensinarlle ao alumnado unha boa utilización das novas tecnoloxías pero considero tamén que, a familia xoga un papel bastante importante, polo que unha boa cooperación entre ambas institucións sería o ideal.
ResponderEliminar