Deseño

viernes, 17 de febrero de 2017

María de Maeztu

Boas, imos contarvos a sesión que realizamos o pasado venres.

En primeiro lugar, pensamos algunhas formas de ensinanza que serían interesantes poñer en práctica nas clases como a motivación aos alumnos e a súa implicación nas tarefas.

Para elo, presentóusenos a oportunidade de escoller unha personaxe que tivera relación directa coa educación, como é o caso de Paulo Freire, Piaget, Decroly e nós escollemos a María de Maeztu Whitney.

Buscamos en internet os seus datos relevantes e as páxinas que nos gustaban pineámolas para poder acceder a elas de forma directa dende a nosa conta Pinterest.

De seguido, analizamos a información recollida e fixemos o mapa que vos presentamos a continuación con unha aplicación nova para nós chamada "Popplet". Esta pareceunos moi útil e dinámica para facer ver de forma clara e concisa as ideas principais de un tema.

Entre toda a información recollida sobre María de Maeztu, escollemos a seguinte frase dela: "Hoy más que nunca se le pide a la educación que realice el milagro de convertir lo imposible en posible".

Decoramos un cartel de esta pedagoga e humanista española para crear un video a través de "Chatter pix", para darlle vida ao cartel feito con anterioridade facendo que se pronuncie a frase elexida. De este xeito, creamos unha realidade aumentada, a cal será moi visual e chamativa para os nenos de Primaria.






1 comentario:

  1. Revisad el enunciado de la actividad y completad los usos didácticos, ejemplos de aplicación real...

    ResponderEliminar