Boas!
Gustaríame facer un pequeno comentario sobre a clase que tivemos o pasado venres.
En primeiro lugar, decir que utilizamos tres aplicacións que me pareceron verdadeiramente interesantes para o noso futuro como docentes.
Comezo por Pinterest: esta aplicación utiliceina os anos anteriores para buscar actividades de animación para nenos e nenas, pero non me ensinaron todo o partido que se lle pode sacar a dita aplicación. De feito non me parecía interesante nin útil ata este venres que puiden descubrir as miles de actividades creativas e orixinais de todos os temas posibles.
Con respecto a isto, vou facer unha pequena crítica ós usos informáticos na educación actual pois, demóstrase que algúns mestres só queren que o alumnado utilice certas aplicación para actividades da materia, cousa que é loxica pero considero que sería máis interesante mostrar un pouco de información e usos xerais que se lle poden dar a aplicación e logo, centrarse no tema que o profesorado pida para a materia. Se fose así, tería coñecemento e manexo de Pinterest.
Symbaloo, sen embargo, era completamente descoñecida para min, pero de aquí en diante será unha ferramenta indispensable, posto que nela podemos acceder directaente as aplicacións que máis nos interesen: os blogs dos nosos compañeiros, pinterest e todo aquilo que o grupo considere relevante para a materia.
Para rematar, contarvos o mellor momento da clase. A nosa mestra, presentounos "ChatterPix Kids", unha aplicación na cal, se lle da vida a unha imaxe! Pareceume un método moi divertido para que os nosos futuros alumnos poidan traballar en grupo de xeito cooperativo, creativo e en contacto coas TIC.
Utilizaría esta aplicación por exemplo, para mostrar a un novo alumno que se integra nunha aula todos os lugares que debe coñecer do seu novo colexio. Para elo, todos os alumnos realizarían, con anterioridade unha "ruta" polo colexio e unha vez que o novo alumno se presenta, os seus compañeiros ensinaríanlle entusiasmados o traballo realizado. Deste xeito o novo integrante sentirase acollido polos seus compañeiros e deseguro se divertirán.
ATA A PRÓXIMA!👋😊
boa entrada, gustoume que puxeras un exemplo de para qué empregarías a aplicación, aínda que, creo que con algunha imaxe ou vídeo sería máis atractiva.
ResponderEliminar