Deseño

miércoles, 8 de febrero de 2017

Comparación do cambio de dúas actividades cotiás.

NOVAS TECNOLOXÍAS=COMODIDADE?

Se comparamos certas actividades que para nós, a mocidade, nos parecen totalmente normales coa maneira na que antes se realizaban, daríamonos conta da sorte que temos actualmente por contar coa tecnoloxía que temos; tanto pola variedade que hai, por ser económica xa que hoxe en día todos ou case todos podemos acceder a ela, como polo avanzada que está. Así pois, non fai tanto tempo as cousas eran de maneira distinta e non tan sinxelas e cómodas como agora.
Con respecto a isto, mostrareivos a continuación dous exemplos de actividades que facían os meus pais antes e que na sociedade actual cambiaron.
Por unha parte, a maneira de citarse e de quedar cando os meus pais eran máis novos facíase en persoa, escollíase o día, a hora e o lugar onde ían a quedar e se finalmente non podías asistir, a outra persoa non tiña maneira de sabelo a non ser que ambos viviran cerca; cousa que actualmente non pasa, pois podes citarte cos demais por redes sociais e incluso avisar de cando saes da casa, de se chegaches ou de se non podes asistir.
O outro exemplo é que non tiñan a posibilidade de falar moito cos familiares que estiveran vivindo lonxe,máis ben enviábanse cartas ou as míticas postais cunha fotografía na portada do sitio onde estaban a vivir e tampouco contaban moito, o máis importante: se se encontraban ben ou mal, saúdos para toda a familia, se había algunha novidade importante... En cambio agora estamos totalmente en contacto coa familia ou amigos que viven lonxe e podemos falar con eles ou elas incluso a calquera hora do día.











De feito, a miña familia ten unha anécdota sobre isto; pois resulta que un tío meu estaba facendo o servizo militar fora de Galicia (moi lonxe da casa) e como alí tiña roupa que non necesitaba, decidiu enviar nunha caixa algunhas das prendas pero tamén unha carta avisando aos seus pais de que pronto lles chegaría a caixa esa. O problema foi que chegou a rou
pa antes que a carta e ao ver iso, os meus avós puxéronse no peor, que meu tío falecera, xa que mandaran a súa roupa sen aviso ningún; por sorte, un ou dous días despois chegou a carta e todo quedou nun susto.
En conclusión, debido ao maior uso que lle damos á tecnoloxía, necesitamos ter unha serie de competencias, que antes en cambio non se requerían, como o son saber empregar móbiles ou ordenadores con internet, saber instalar aplicacións ou crearse unha conta nalgunha rede social.


Agora a pregunta é: consideras que nun futuro as tecnoloxías avanzarán ata chegar ao punto de sustituír as quedadas, citas ou xuntanzas de amigos, familiares ou laborais? Cres que un avance maior posibilitará a comodidade das persoas ata o punto non poder prescindir delas?
No seguinte enlace mostro unha reflexión máis sobre este tipo de comodidade, publicada en EL PAÍS, que estamos creando a través dos novos avances cara o uso das tecnoloxías no ámbito da comunicación ou vida social (xa que a comparación citada anteriormente está relacionada con estos aspectos); espero que desperte en vos curiosidade e reflexionedes dende unha perspectiva crítica.
http://elpais.com/elpais/2015/04/29/opinion/1430331997_098802.html




(fonte empregada: https://i.ytimg.com/vi/Ow6VD3z5zZU/maxresdefault.jpg)

2 comentarios:

  1. Enhorabuena Natalia, muy buena entrada. La anécdota que añadiste al final es muy interesante y refleja muy bien lo que quieres transmitir.

    ResponderEliminar
  2. Grazas Bruno, considerei que esa anécdota sería un bo exemplo.

    ResponderEliminar