Deseño

martes, 7 de febrero de 2017

Sesión do día 03-02-17

Nesta sesión demos outro paso, adentrándonos aínda máis na materia.
Para empezar, creamos unha conta en symbaloo (plataforma que ten como obxetivo facer a web máis accesible); conta que personalizamos ao noso gusto e engadímoslle algunhas das páxinas que empregamos habitualmente, para que, cando queiramos utilizalas poidamos acceder a elas de maneira directa; ademais, tamén gardamos os blogs dos demais compañeiros de aula, cousa que me pareceu bastante útil para ir vendo, comparando e comentando o traballo que os demais grupos van publicando.
Outra das contas que creamos foi a de pinterest (tanto para o grupo como outras individuais). Isto personalmente gustoume máis, pois é unha páxina moi interesante na cal podes atopar un montón de información e ideas sobre temas da actualidade ou relacionados cos teus gustos, coa tecnoloxía e a educación... Polo que pode ser unha páxina moi práctica, de gran utilidade e considero que desperta curiosidade, ou polo menos sí entre os membros do meu grupo.
(podes ver o proxecto final)
Por outra parte, coñecimos unha nova aplicación de narrativa dixital; esta pódese empregar cos nenos de Primaria pero creo que está máis dirixida cara os cursos baixos como pode ser ata 1º ou 2º de Primaria; a partir desas idades, os nenos requiren outro tipo de aplicacións máis elaboradas, que lles poñan probas ou retos para mantelos atentos.

A aplicación está ben, é entretida e invita a empregar a imaxinación e a creatividade, tanto á hora de buscar o que queres fotografiar como á hora de decorar a foto, cambiarlle os filtros e darlle máis personalidade coa túa voz ou incluso interpretando outras voces para que quede máis cómico. 
(Podes poñer a túa propia voz)
 Ademais, axuda a que os nenos non dependan tanto da mestra para realizar o exercicio, saian algo da rutina e do tradicional (pois saen da aula e van polo centro buscando ideas) e tamén practican noutro tipo de dispositivos como o son as tablets.
Podería empregarse para saír un día co alumnado ao patio e realizar fotos con esta aplicación a natureza, engadindo audios que expliquen a súa función, como a fotosíntese nas plantas ou a clasificación dos animais.
Para min, o problema está en que, non me parece o suficientemente instructivo, non é unha das aplicacións que máis ensinan, así como, non todos os nenos se poden permitir descargarse iso, xa que só está permitido para ipads e iphones, polo que algo máis accesible sería o ideal.









fonte empregada: http://www.duckduckmoose.com/educational-iphone-itouch-apps-for-kids/chatterpixkids/

2 comentarios:

  1. Muy buena entrada, con varias imagenes y muy bien explicado. Coincido en que la aplicación está más dirigido al alumnado de clases mas bajas (primero o segundo). Por otra parte me gustó el detalle de que pusieras la fuente que utilizaste para las imágenes.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitísimas grazas Bruno, e sí, engadir a fonte empregada para as imaxes pode resultar moi útil por se queres algunha desas referidas á aplicación Chatter pix kids.

      Eliminar