Na sesión do día 10/02/17, coñecimos outra nova aplicación de narrativa dixital chamada ``Toontastic 3D´´, a cal se caracteriza por ser unha aplicación coa que o alumnado pode empregar a súa vena máis creativa e artística para crear historias ben estructuras (introdución, nó e desenlace), escollendo a un ou varios protagonistas, ademais dos personaxes, a ambientación, desenvolvendo o problema e incluso poñendolle voz ou música de ambiente.
A aplicación é totalmente gratuíta e moi fácil de usar, polo que os alumnos e alumnas non precisan ao docente para a realización da historia, fomentando así a autonomía do alumnado.
Esta poderíase empregar para todo tipo de asignaturas, pero sobre todo a aquelas que están máis relacionadas coas artes ou cos idiomas, permitíndolles saber manexar meior as tablets ou ordenadores; facelo en grupo, o que fomenta a cooperación e a necesidade de que todos os membros do grupo aporten ideas ou desenvolvan aquilo que meior se lles da (uns son expertos debuxando, a outros ocórrenselle meiores historias ou teñen maior facilidade para falar en público polo que, poñerlles voces aos personaxes lles resultará máis doado, etc).
A continuación mostraremosvos a historia realizada polos membros do noso grupo, achegaTIC, a cal trata sobre a vivencia do bullying a través do personaxe principal: Platanín; este é un plátamo que asiste a unha escola onde todo o alumnado son mazás, facendo así unha metáfora dun dos motivos máis comúns nos casos de acoso escolar, pois toda a escola comparte unha mesma cultura e rasgos dominantes menos o protagonista, o que fai que se convirta en motivo de mofa ou burla.
Escollimos este tema pola súa ampla presenza na actualidade, destacando así o moi informados que estamos e que está o alumnado nos centros pero o pouco que reduciron os casos de bullying.
Debido a isto, consideramos que creando unha historia de debuxos animados que represente a situación que moitos alumnos e alumnas están sufrindo, podería ser un bo exemplo a mostrar para que o alumnado comprenda, a través dos ollos de platanín, que o acoso escolar debe parar, pois está nas nosas mans, como docentes, como pais e nais e como alumnado.
Con respecto ao acoso escolar, deixámosvos estes dous enlaces nos cales se pode apreciar que os índices de bullying aumentan e son máis frecuentes en aquelas persoas que non seguen esa cultura ou rasgos dominantes, como poden ser as diferenzas de sexo, idade e incluso en nenos ou nenas con autismo.
1) http://politica.elpais.com/politica/2016/04/25/actualidad/1461611621_720277.html
2) http://elpais.com/elpais/2016/10/25/mamas_papas/1477404570_865151.html
Esperamos que vos gustara o breve vídeo realizado nesta sesión e que reflexionedes sobre a importancia da concienciación do acoso escolar e os problemas que este deriva.